Sinceramente e falando mal: non me importa un carallo que Luthea Salom estea no i-phone de Lou Reed, que fose teloneira de Norah Jones, que compartise táboas con Emmylou Harris, ou que o seu último álbum fose producido por Malcom Burn do mesmo xeito ca outros artistas da talla de Bob Dylan ou Iggy Pop. E non me importa porque, despois de vela e escoitala no Cantón de San Roque de Melide (5 de xullo, Festival das Artes e das Letras), creo que Luthea Salom se basta por si mesma para engaiolar coas súas cancións a quen a escoite.
Luthea chegou a Melide acompañada tan só da súa guitarra acústica, sen as defensas que tería de xeito natural se interpretase as súas composicións parapetada tras unha batería, unha guitarra e baixo eléctricos e un teclado, que son os instrumentos principais que a acompañan no seu último traballo discográfico Sunbeam surrounded by winter (Raiola arrodeada de inverno). E de non ser pola definición cristalina que as seis cordas lle daban ás cancións, mesmo lle sobraría a guitarra, pois teríalle bastado a soberbia voz a capella da que fixo gala para meterse ao público no peto. Axuda a este panexírico sen reservas terlle estudiado, previamente, a tradución das letras, sinceras e descarnadas, con metralla poética e groso calibre literario, que me fascinaron. Para quen non as entendese, a cantautora canadense papouse as distancias grazas ás experiencias vitais que compartiu connosco entre canción e canción.
En calquera caso, a actuación de Luthea Salom en Melide foi un bater de ás de anxo polo celestial e polo efémero, se cadra demasiado efémero. Que o concerto durase ás penas unha hora fíxonos ficar a moitos co mel nos beizos. Púidose deber, sospeito, ao frío que pasou a pobre, que propiciou unha das anécdotas da noite ao ter que sepultar as franxas vermellas e brancas da súa camiseta baixo un groso xerei de la, e fixo devir en referente real o título do disco que anda a presentar. Fica na memoria do meu corazón ter podido escoitar nun íntimo directo Accidents e Nobody’s ready. A miña cleptomanía verbal galopante fixo que non puidese resistir a tentación de levarme para a casa un anaco da primeira: “...alive to see this world inside / is all we got, / neither god nor love can make us be / at peace with it...”, ou o que é o mesmo, “...viva para ver que este mundo interior / é todo o que temos, / e que nin o amor nin a relixión poden facer que fagamos / as paces con el...”. Roubeino na tea dunha camiseta, xunto con dous bicos de Luthea que, aínda que non se vexan, ficaron rexistrados na caixa negra das miñas fazulas.



El PP asegura que el Concello de Melide estará obligado a devolver una ayuda de 233.000 euros por haberse «desmantelado» el Centro de Interpretación del Camino de Santiago, emplazado, hasta hace un par de meses, en la planta baja del edificio multiusos. Los populares entienden que el ejecutivo municipal, formado por una coalición entre BNG y PSOE, «fixo añicos» el museo cuando no transcurrieron los cinco años durante los que la concesión de la ayuda, procedente de la Unión Europea, obligaba a mantenerlo abierto.
A pesares do frío, e afortunadamente sen auga, arrincou o Festival das Artes e das Letras de Melide, na noite do 4 de xullo, cun concerto do Marcos Teira Cuarteto, no que esta formación musical compostelá debullou o seu jazz fusionado con flamenco ao redor do guitarrista pobrense que dá nome ao grupo. Cunha sección rítmica eminentemente jazzística, con Alfonso Calvo no baixo eléctrico e contrabaixo, e Luís Alberto Rodríguez á batería; e a parte flamenca representada polo propio Teira; o cuarteto tivo a Pepe Sendón como unha especie de intersección de diagrama de Venn que desequilibraba o son a favor do jazz ou do flamenco segundo conviñese, cambiando do vibráfono ao caixón afroperuano para acadalo e indo, xa que logo, da sofisticación sónica do primeiro ao ritmo rancio e primitivo do segundo cando as composicións así o esixían.
Non hai dúbida de que o son viraba ao redor da guitarra de Marcos Teira, unha especie de neonato do Mediterráneo que se viu na Pobra do Caramiñal por erro, ou se cadra un barbanceiro que tivo a ben rescatar sen menoscabo os sons do sur para este extremo do noroeste atlántico. Teira cribou de virtuosismo o mastro e cada unha das seis cordas da súa guitarra, zumegando un marcado sabor a salitre, especialmente en certos arpexos que semellaban auga mariña lambendo as areas dunha praia ou efémera xerfa vestindo de encaixe a pedra dos cantís, quen sabe se os da Punta de Cabío, que así se chama o primeiro disco do grupo. Tamén houbo melodías tradicionais da terriña que lle liscaron entre os dedos no medio de tanto tango, rumba, fandango e siguiriya. Todo arroupado por Calvo, Rodríguez e Sendón, que non ficaron á zaga e encravaron as notas guitarreiras encol dun pedestal de luxo. 


Los vecinos de Melide respondieron positivamente a la campaña difundida por el Concello para contribuir a la prevención de incendios forestales durante el verano. Un convenio suscrito con la Consellería do Medio Rural para facilitar la limpieza de fincas privadas en estado de abandono permitirá hacer frente a la época de mayor riesgo de fuegos en mayores condiciones de seguridad. Propietarios de más de sesenta solares localizados en las proximidades de núcleos habitados del municipio solicitaron acogerse a los trabajos, que realizan, desde hace dos semanas, operarios de una empresa contratada para tal fin por el Ayuntamiento.











Los pequeños de casa no dan tregua al aprendizaje ni en vacaciones. Aunque no son conscientes porque el entretenimiento es la base educativa de las actividades que se imparten en los campamentos que se incorporan a la programación estival de muchos concellos, que, de ese modo, facilitan la conciliación de la vida familiar y laboral. En Melide, las propuestas para el tiempo de ocio de los escolares arrancaron con una excelente acogida.

